Burela inmortaliza o presente e futuro futbolístico |
escrito por xestion2 | |
Tras xogos na praia e adestramentos matutinos, os/as participantes do quinto clínic mariñán foron recibidos polo alcalde de Burela, José María González Barcia, e a edila de Xuventude e Deporte, Beatriz Piñeiro, no consistorio. Na casa do concello, o alumnado tamén tivo a oportunidade de conversar e satisfacer a súa curiosidade e inquedanzas futbolísticas nunha charla-coloquio na que interveu o profesorado da xornada. Finalmente, o xogador do Autos Lobelle de Santiago FS Luis non puido visitar a comarca, como estaba previsto, por motivos persoais. Mañá o alumnado volverá compartir as sesións con Sito Rivera e Luis Fonseca, ademais da visita da xogadora do UCAM Murcia Haydée Agras e do burelista Christian. Pola mañá alternarán os adestramentos e as actividades na piscina de San Cibrao e pola tarde os/as participantes do clínic poderán gozar de diferentes obradoiros e xogos, como o futbolín humano. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario