O xogador de ElPozo Adri, no V Campus Burela FS |
escrito por xestion2 | |
O ala, de 24 anos, visitará o campus mariñán antes de estrear a súa carreira deportiva lonxe de Galicia, nun dos clubs máis prestixiosos da Primeira División, despois de formarse nas categorías de base (1999-2003) e militar no Parrulo FS Ferrol (2003-05) e de seis tempadas no Azkar Lugo (2005-11). Entre o seu palmarés figuran unha Recopa de Europa (2005), unha Copa Xunta de Galicia, un Campeonato de España xuvenil e un campeonato de España infantil. A visita do novo xogador de ElPozo súmase á xa confirmada do seleccionador nacional de Romanía, Sito Rivera. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario