lunes, 4 de julio de 2011

EN GALLEGO suena bien . BURELA FS

Inicio
O técnico internacional Sito Rivera participará no V Campus Mixto Burela FSPDFImprimirCorreo-e
escrito por xestion   
Sito Rivera O seleccionador nacional de Romanía, Tomás Rivera Amoros, máis coñecido como Sito Rivera, xa confirmou a súa participación na quinta edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS. A cita reunirá os mellores profesionais nacionais e internacionais do fútbol sala na vila mariñá entre o 13 e o 16 de xullo, xunto a xogadoras, xogadores e corpos técnicos da entidade burelista.
O técnico catalán leva vinculado ao combinado romanés dúas tempadas, nas que tamén se proclamou campión de Romanía co Futsal Deva (2009-10) e o Targu Mures (2010-11). Con máis de tres décadas dedicadas a este deporte, Sito Rivera (Mataró, 1956) fíxose un sitio no panorama español primeiro co ascenso á División de Prata do FS Vilassar de Mar (1995-96) e máis tarde poñéndose á fronte do Miro Martorell (2000-01) e Polaris World Cartagena (2004-06), en Honra. O técnico deu o salto internacional en 2007-08 ao asumir a dirección do xaponés Bardral Urayasu, co que se proclamou campión da Puma Cup e subcampión da F. League. Dende entón tamén realizou pequenas incursións no Calcio A-5, en Italia, dirixindo o Napoli (2008-09) e o Luparense (2009-10).

No hay comentarios: